Dedicado a Ian Murdock ---------------------- Ian Murdock, o fundador do proxecto Debian, finou o 28 de decembro de 2015 na súa casa en San Francisco. Tiña 42 anos. É difícil esaxerar sobre as contribucións de Ian ó Software Libre. Liderou o proxecto Debian desde a súa concepción en 1993 ata 1996, escribiu o manifesto Debian en xaneiro de 1994 e coidou do incipiente proxecto mentres estudaba na universidade de Purdue. Ian foi o director fundador de Linux International, CTO do Free Standards Group e máis tarde da Linux Foundation e líder do proxecto Indiana en Sun Microsystems, o cal describiu como «tomando o que Linux aportou ós sistemas operativos e levándoo a Solaris». O éxito de Debian é testemuña da visión de Ian. Inspirou a unha cantidade innumerable de persoas en todo o mundo a contribuír coas súas propias habilidades e tempo dispoñible. Máis de 350 distribucións se recoñecen como derivadas de Debian. Por todo isto dedicamos Debian 9 «stretch» a Ian. -- Os desenvolvedores de Debian